Países Baixos
país de Europa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Países Baixos (en neerlandés: Nederland) é un dos países constituíntes do Reino dos Países Baixos que abrangue a súa parte europea e os municipios especiais de Bonaire, Saba e San Eustaquio. Localizado no noroeste de Europa, limita ó norte e ó oeste co mar do Norte, ó leste con Alemaña e ó sur con Bélxica. Aínda que Holanda é en orixe o nome de dúas das súas provincias, Holanda Setentrional e Holanda Meridional, nalgunhas linguas como é o caso do galego pasou a ser a forma popular de se referir a todo o país, en neerlandés pola contra Holland só se usa para se referir a esas dúas provincias.
Nederland (nl) | |||||
Himno | Het Wilhelmus (10 de maio de 1932) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Je maintiendrai (en) » | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Reino dos Países Baixos | ||||
Capital | Ámsterdam | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 17.590.672 (2022) (423,43 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua neerlandesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 41.543 km² | ||||
Auga | 18,7 % | ||||
Bañado por | Mar do Norte, IJsselmeer (pt) , Markermeer, Mar de Wadden e Mar Caribe | ||||
Punto máis alto | Mount Scenery (pt) (887 m) | ||||
Punto máis baixo | Zuidplaspolder (−6,76 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 19 de xaneiro de 1795 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | Monarquía parlamentaria monarquía constitucional | ||||
• King of the Netherlands (en) | Guillerme Alexandre de Orange-Nassau (2013–) | ||||
Órgano executivo | Goberno dos Países Baixos | ||||
• Primeiro ministro | Mark Rutte (2010–) | ||||
Órgano lexislativo | Estados Xerais dos Países Baixos , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Supreme Court of the Netherlands (en) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 1.011.798.853.062 $ (2021) | ||||
Moeda | euro | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | UTC+01:00 (→ Países Baixos Europeus (pt) ), horario estándar UTC+02:00 (→ Países Baixos Europeus (pt) ), horario de verán | ||||
Dominio de primeiro nivel | .nl | ||||
Prefixo telefónico | +31 e +599 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112 e 911 | ||||
Código NUTS | NL | ||||
Páxina web | rijksoverheid.nl | ||||
O país é un dos máis densamente poboados do mundo, e tamén está entre os de altitude media máis baixa (un cuarto do seu territorio está baixo o nivel do mar, a quen foi gañado mediante a construción de diques). Os neerlandeses son coñecidos polos seus diques, os seus tulipáns, os seus muíños e a súa tolerancia social. As políticas liberais que rexen a súa actuación son frecuentemente mencionadas e usadas como exemplos nos demais países.
Politicamente o reino dos Países Baixos é unha monarquía constitucional e membro da Unión Europea. Ámsterdan é a capital constitucional e onde está a residencia oficial da raíña. A se do goberno e a residencia habitual da raíña, as embaixadas e o Tribunal Internacional de Xustiza teñen a súa sede na Haia.