Paleta de Narmer
artefacto arqueolóxico exipcio / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Paleta de Narmer ou Gran paleta de Hierakómpolis é un achado arqueolóxico exipcio datado entre 3100 e 3200 a. C. e que contén algúns dos xeróglifos máis antigos actualmente coñecidos. Trátase dunha placa cerimonial (ou, segundo outros autores, unha base para preparar maquillaxe) con inscricións e relevos representando o acontecemento histórico da unificación do Alto e Baixo Exipto sobre o rei Narmer (posibelmente outro nome para Menes ou un antecesor seu).
A paleta, que sobrevive en óptimas condicións, foi atopada polos arqueólogos británicos James E. Quibell e Frederick W. Green en 1894 en Hierakómpolis, a antiga capital predinástica do Alto Exipto, no santuario do voitre Nekhbet, protector dos reis do Sul, situado en El-Kab. Na mesma escavación atopáronse a maza de Narmer e a maza de Escorpión. Desgraciadamente, o lugar exacto destes achados non foi rexistrado apropiadamente. En todo caso parece que a Maza de pedra formaba parte dun depósito e obxectos votivos do protodinástico (ás veces denominado "depósito principal"), enterrado baixo o chan do templo que data do Imperio Antigo mentres que a paleta se atopou a uns metros de distancia.
A paleta encóntrase actualmente no Museo do Cairo, Exipto.