Paracaídas
From Wikipedia, the free encyclopedia
O paracaídas é, como o seu nome indica, un artefacto deseñado para frear as caídas mediante a resistencia xerada por el mesmo ao atravesar o aire, logrando unha velocidade de caída segura.[1] O termo «paracaídas» está case sempre asociado á seguridade aeronáutica e polo tanto o seu uso case exclusivo é para os elementos de supervivencia que desaceleran as posibles caídas de persoas e obxectos desde avións, globos aerostáticos ou outros obxectos que se poidan situar a certa altura perigosa respecto ao chan.[1]