Patrimonio da Humanidade en Suíza
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Suíza, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Suíza ratificou a convención o 17 de setembro de 1975, facendo que os seus sitios naturais e culturais poidan ser incluídos na lista.[3]
En 2021, había trece bens en Suíza inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, nove dos cales son sitios culturais e catro son sitios naturais. Os tres primeiros sitios engadíronse á lista en 1983: A Cidade Vella de Berna, Abadía beneditina de San Galo e Abadía de San Xoán en Müstair. A adición máis recente foron os dous bosques engadidos ao sitio bosques de Faiais primarios dos Cárpatos e outras rexións de Europa en 2021. Cinco sitios son compartidos con outros países. O Ferrocarril Rético e o Monte San Giorgio son compartidos con Italia, Sitios palafíticos prehistóricos dos Alpes con cinco países,a Obra arquitectónica de Le Corbusier con seis países e o Bosques de faias antigas e primixenias con 17 países. Hai un sitio na lista de tentativa.[3]