Porcentaxe
From Wikipedia, the free encyclopedia
En matemáticas, chámase porcentaxe á forma de expresar un número como unha fracción que ten o número 100 como denominador. Tamén se lle chama comunmente tanto por cento, onde por cento significa "de cada cen unidades". Úsase para definir relacións entre dúas cantidades, de forma que o tanto por cento dunha cantidade, onde tanto é un número, refírese á parte proporcional a ese número de unidades de cada cen desa cantidade.
A porcentaxe indícase utilizando o símbolo %, que matematicamente equivale ao factor 0,01 e que se debe escribir despois do número ao que se refire, deixando un espazo de separación.