Presidente de Belarús
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Presidente da República de Belarús (en belaruso: Прэзідэнт Рэспублікі Беларусь: , ruso: Президент Республики Беларусь) é o xefe de Estado de Belarús.
Presidente da República de Belarús | |
---|---|
Estandarte presidencial | |
Residencia | Palacio da Independencia, Minsk |
Designado por | Sufraxio directo |
Duración | 5 anos |
Creación | 20 de xullo de 1994 |
Primeiro titular | Aliaksandr Lukašenka |
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O cargo foi creado en 1994 coa aprobación da Constitución de Belarús polo Soviet Supremo. Este substituíu o cargo de Presidente do Soviet Supremo como xefe de Estado. As tarefas do presidenta inclúen levar a cabo política exterior e doméstica, defender os dereitos e o benestar xeral dos cidadáns e residentes, e respectar a Constitución. A Constitución obriga ao Presidente a exercer como líder nos asuntos sociais do país e a actuar como o seu máximo representante no estranxeiro. Os deberes, responsabilidades e outras cláusulas de transición que incumben presidencia son listados no capítulo tres, artigos 79 a 89, da Constitución.
O mandato do presidente dura cinco anos, mais debido a un referendo en 1996, as eleccións que debían ser realizadas en 1999 foron atrasadas ao 2001. Baixo a Constitución de 1994, o presidente só podería exercer durante dous mandatos, mais debido a un cambio na constitución, os límites de mandatos foron eliminados. Durante o tempo no que existe o cargo, fixéronse eleccións en 1994, 2001, 2006, 2010 e 2015. Alexander Lukashenko foi a única persoa que ocupou o cargo de presidente dende as eleccións de 1994.
A oficina Presidencial está localizada no Palacio da República en Minsk, mentres a residencia presidencial está en Zaslawye (Заслаўе), na rexión de Minsk.