Primeiro ministro de Croacia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Primeiro Ministro de Croacia (en croata: Premijer/ Premijerka Hrvatske), oficialmente Presidente do Goberno da República de Croacia (croata: Premijer/ Premijerka Hrvatske), é o xefe de goberno de Croacia, e é de facto o cargo máis poderoso e influente do Estado no sistema croata de goberno.
Presidente do Goberno de Croacia Predsjednik / Predsjednica Vlade Hrvatske | |
---|---|
Ámbito | República de Croacia |
Designado por | Parlamento de Croacia |
Nomeado por | Presidente de Croacia |
Duración | 4 anos |
Creación | 14 de abril de 1945 |
Primeiro titular | Vladimir Bakarić |
Sitio web | vlada.gov.hr |
Despois do establecemento por primeira vez do cargo en 1945, o período semipresidencial de 1990-2001 foi a única excepción na que o Presidente de Croacia ostentou a autoridade de facto. Na orde formal de precedencia croata, con todo, a posición de primeiro ministro é a terceira máis alta, despois do Presidente da República e o presidente do Parlamento.
A Constitución de Croacia indica que "o Parlamento supervisa ao goberno" (artigo 81) e que "o presidente da República garante o funcionamento e a estabilidade regulares e equilibrados do goberno" (no seu conxunto; artigo 94), mentres que o goberno está articulado no artigo 108. Dende o 2000, o primeiro ministro ten varios poderes constitucionais engadidos e é mencionado antes que o propio Goberno no texto da Constitución, nos artigos 87, 97, 99, 100, 101, 103 e 104. O actual primeiro ministro de Croacia é Andrej Plenković. O goberno de Croacia atópase en Banski dvori, un edificio histórico situado na parte oeste da praza de San Marcos en Zagreb.