Pro Tools
From Wikipedia, the free encyclopedia
Pro Tools é unha Estación de Son Dixital (Digital Audio Workstation ou DAW en inglés) da compañía Avid (anteriormente Digidesign) para a produción musical e a edición dixital de son. É amplamente usado por profesionais de produción musical, post-produción, televisión e realización de bandas sonoras de películas.
Foi un dos primeiros programas en proporcionar edición multipista con calidade de CD (16 bits e 44,1 kHz) nun ordenador persoal, polo que rapidamente se expandiu no campo da gravación de son. Orixinalmente fíxose moi popular pola súa sinxela e dinámica interface de edición de son. A súa primeira versión apareceu en 1991.
O estigma de Pro Tools era que só podía usarse cun hardware específico, e non admitía outras marcas, mais desde a versión 7, abriuse o código do software para poder ser utilizado con interfaces de son da empresa M-Audio (anteriormente Midiman), e a nova versión 9 lanzada recentemente, admite hardware de calquera marca sempre e cando manexe o driver de tipo Asio para os ordenadores de Microsoft e o driver Core Audio para os Macintosh; así mesmo, o resto de compoñentes de ambos ordenadores tamén teñen que ser compatibles. Pódese encontrar unha lista de compatibilidades técnicas na mesma páxina web de Avid.