Río Irauadi
From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Irauadi, Irrawaddy ou río Ayeyarwady[3] (en birmano ဧရာဝတီမြစ်), do índico revatī "abondoso en riquezas",[4] é un río que flúe de norte a sur a través de Myanmar. É o río máis longo do país e o seu curso de auga máis importante. Orixínase na confluencia dos ríos N'mai e Mali,[5] e percorre un curso relativamente recto cara ao sur ata o delta do Irauadi na rexión Ayeyarwady no mar de Andaman. A súa conca duns 404 200 km² cobre unha gran parte de Myanmar. Ás veces é denominado "a ruta a Mandalay" polo poema de Rudyard Kipling.
Irauadi | |
---|---|
Vista aérea | |
País | Myanmar |
Nacemento | Gada Qu |
Lonxitude | 2210 km[1] |
Conca | 404 200 km2 |
Caudal medio | 15112 m3/s[2] |
Desembocadura | Mar de Andaman |
Dende o século VI foi empregado para o comercio e o transporte. Polo desenvolvemento dunha cara rede de canais de irrigación, o río foi importante para o imperio británico trala colonización de Birmania. O río continúa a ser vital, e unha considerable cantidade de bens e de tráfico móvese por el. No seu delta prodúcese arroz irrigado polas augas do río.
En 2007, a ditadura militar de Myanmar asinou un acordo para a construción de sete centrais hidroeléctricas para producir un total de 13 360 MW, nos ríos N'mai e Mali, incluída a presa de Myitsone de 3600 MW na confluencia de ambos os ríos. Organizacións ecoloxistas mostraron a súa preocupación polo impacto nos ecosistemas do ríos. Entre os animais potencialmente afectados estarían o vulnerábel Orcaella brevirostris e o Glyphis gangeticus, en perigo crítico.