República Popular de Hungría (1918-1919)
From Wikipedia, the free encyclopedia
A República Popular de Hungría (húngaro: Magyar Népköztársaság) foi o nome da breve república creada logo da disolución do Imperio Austrohúngaro o 16 de novembro de 1918 e a proclamación da independencia de Hungría do Imperio.
Magyar Népköztársaság (hu) | |||||
Himno | Himnusz | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Budapest | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua húngara | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 16 de novembro de 1918 | ||||
Disolución | 21 de marzo de 1919 | ||||
Sucedido por | República de Hungría e República Soviética Húngara | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república | ||||
Moeda | Coroa húngara | ||||
Nada a partir do comité nacional controlado pola coalición dos partidos socialdemócrata, radical e de Mihály Károlyi, tentou reformar o Estado, manter as súas fronteiras austrohúngaras e negociar a paz coa Tripla Entente. Ante a imposibilidade de conservar a integridade territorial, cedeu o poder a unha coalición de comunistas e socialistas que proclamou a República Soviética Húngara en marzo de 1919. Rexurdiu por un breve período logo da derrota desta a mans dos exércitos dos estados veciños en agosto de 1919, sendo substituída aos poucos días polo reino restaurado.