Sakura (árbore)
From Wikipedia, the free encyclopedia
A sakura (桜 ou さくら?) ou cerdeira en flor xaponesa, é un dos símbolos máis coñecidos da cultura xaponesa. Tamén se nomea sakura a tres especies de plantas do xénero Prunus.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2020.) |
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
A cerdeira florece durante a primavera. No Xapón realízase o festival do hanami (花見?) na súa honra debido a que é a súa flor máis significativa (pero non a oficial, que é o crisantemo); durante este os familiares e amigos reúnense nos parques con cerdeiras baixo a sombra das mesmas e, a modo de picnic, comparten alimentos mentres celebran a aparición das flores. O curso académico do Xapón empeza xusto despois do final da festividade.
Durante o ano as árbores de cerdeira permanecen unicamente forradas de follas, e están espidas no inverno, mais cara ao inicio da primavera florecen, decorando os parques coa súa aparencia de nubes rosadas e brancas.
As sakuras son un elemento simbólico común na cultura popular do Xapón, onde teñen múltiples significados relacionados. A imaxe dos pétalos destas flores caídos en masa ao principio da primavera, especialmente en abril, simboliza a beleza da natureza e o valor que a fugacidade da existencia outorga á vida.