San Xoán, Illas Virxes
From Wikipedia, the free encyclopedia
Saint John (castelán: San Juan ; neerlandés: Sint Hans; francés: Saint-Jean ; dinamarqués: Sankt Jan) é a máis pequena das tres illas principais e un distrito das Illas Virxes Americanas no mar Caribe, un territorio non incorporado dos Estados Unidos.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
San Xoán | |
---|---|
Baía Trunk | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Illas Virxes Estadounidenses |
Arquipélago | Antillas Menores |
Mar | Mar Caribe |
Coordenadas | 18°20′N 64°44′O |
Xeografía | |
Superficie | 50´8 km² |
Demografía | |
Capital | Cruz Bay |
Poboación | 4.170 hab. (2010) |
Densidade | 82´09 hab./km² |
San Xoán atópase a unhas catro millas ao leste de Santo Tomé, a localización da capital do territorio, Charlotte Amalie. Tamén está a catro millas ao suroeste de Tórtola, nas Illas Virxes Británicas. O seu maior asentamento é Cruz Bay cunha poboación de 2.700 habitantes. O alcumo de San Xoán é a cidade do amor.
Desde 1956, aproximadamente o 60% da illa está protexida como Parque Nacional das Illas Virxes, administrado polo Servizo Nacional de Parques [Cómpre referencia] A economía baséase no turismo.[Cómpre referencia]
San Xoán ten 50´8 quilómetros cadrados de superficie cunha poboación de 4.170 habitantes (censo 2010). A partir do censo de 2010,[1] a poboación total do territorio das Illas Virxes dos Estados Unidos era de 106.405 habitantes,[2] que comprende na súa maioría persoas descendentes de afrocaribeños.[1][2]