Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band
oitavo álbum dos Beatles / From Wikipedia, the free encyclopedia
Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band foi o oitavo álbum dos Beatles. Frecuentemente considerado o álbum de rock máis importante do todos os tempos por críticos e publicacións, como a revista Rolling Stone. Gravouse nun período de 129 días a contar desde o 6 de decembro de 1966 e saíu ó mercado o 1 de xuño de 1967 no Reino Unido e o día seguinte nos Estados Unidos, obtendo un inmediato éxito popular.
Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Beatles | ||||
Publicado | 1 de xuño de 1967 | |||
Gravación | EMI Studios e Regent Sound Studio, Londres (6 de decembro de 1966 — 21 de abril de 1967) | |||
Duración | 39:45 | |||
Xénero(s) | Música rock, rock psicodélico, pop barroco | |||
Selo(s) | Parlophone | |||
Producido por | George Martin | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Durante as sesións de gravación de Sgt. Pepper's, o grupo mellorou a calidade da produción musical mentres exploraba técnicas experimentais de gravación. O enfoque innovador do produtor George Martin incluía o uso dunha orquestra. As cancións do álbum van dende o music hall, o rock and roll e o pop ata a música tradicional hindú. Amplamente aclamada e imitada, a portada do disco, deseñada polos artistas pop ingleses Peter Blake e Jann Haworth, inspirouse nun bosquexo de Paul McCartney onde a banda posaba diante dun collage con algúns dos seus famosos favoritos.