Shūkan Shōnen Jump
From Wikipedia, the free encyclopedia
Shūkan Shōnen Jump (週刊少年ジャンプ, Shūkan Shōnen Janpu?) ou Weekly Shonen Jump (en inglés), é unha revista antolóxica semanal de manga orientada a unha demografía shōnen, publicada pola editorial Shūeisha como parte da liña de revistas Jump.[1]
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde febreiro de 2016) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Shūkan Shōnen Jump | |
---|---|
Fundación | 2 de xullo de 1968 |
Editor | Yoshihisa Heishi (dende 2011) |
Lingua | xaponés |
Periodicidade | Semimensual (1968–1969) Semanal (dende 1969) |
Tiraxe | 2.4 millóns (2015) |
Na rede | |
https://www.shonenjump.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
É actualmente a máis popular do Xapón, ademais de ser a revista de manga máis recoñecida no mundo, cunha circulación de aproximadamente 5 millóns de exemplares por semana. Nela publicáronse moitas obras que posteriormente terían moito éxito no formato tankōbon (tomos de 200 páxinas). As historias adoitan ter moita acción e aventura, e normalmente os seus protagonistas son mozos novos con habilidades especiais. A pesar de que o número de exemplares descendeu cos anos.[2]
Non só se publica no Xapón, senón que tamén chegou aos Estados Unidos, Canadá, Alemaña (a este último país co título de "Banzai!"), e Suecia. Mesmo que a revista non se venda en países como a Corea do Sur, Hong Kong, Taiwán, a China e a Tailandia, os títulos de manga de Shūkan Shōnen Jump tradúcense e distribúense nos devanditos países.