Switch
From Wikipedia, the free encyclopedia
Dende hai tempo, a necesidade de interconectar ordenadores é primordial. Comezouse co uso dos hub ou concentradores, que o único que facían era xuntar fisicamente tódalas liñas que lle chegaban, coa única particularidade de que as amplificaba. É dicir, se tiña doce entradas e lle chegaba un dato por unha delas, este devolvía ese dato, amplificado, polas outras once.
Máis adiante, este obsoleto dispositivo evolucionou, e chamouse switch ou conmutador. Trátase dunha matriz intelixente, que lendo a MAC (enderezo físico da tarxeta de rede do equipo), saberá por que saída manda-lo dato (amplificado tamén).
Esta distinción evita a saturación doutras liñas e equipos, xa que a chegada dun dato non desexado a un equipo fai que este teña que collelo, le-la MAC de destino (na tarxeta de rede) e rexeitalo. Ademais, ó estar ocupada a liña, pode haber colisións.