Traballo (socioloxía)
tipo de actividad na que se producen bens e servicios a cambio de diñeiro / From Wikipedia, the free encyclopedia
O traballo, unha das categorías centrais da socioloxía (e da economía), pode definirse como a execución de tarefas que implican un esforzo físico ou mental e que teñen como obxectivo a produción de bens e servizos para atender as necesidades humanas.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Traballo.
O traballo é, por tanto, a actividade a través da cal o home obtén os seus medios de subsistencia, polo que, ou ben traballa para vivir ou vive do traballo dos demais.[1]
O concepto de traballo foise transformado e adquiriu relevancia desde a revolución francesa e a revolución industrial.[1]