Walt Whitman
From Wikipedia, the free encyclopedia
Walt Whitman, nado en West Hills, condado de Suffolk (Nova York) o 31 de maio de 1819 e finado en Camden (Nova Jersey) o 26 de marzo de 1892, foi un poeta norteamericano, considerado un dos maiores da súa nacionalidade.
(1887) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Walter Whitman 31 de maio de 1819 West Hills, Estados Unidos de América (en) |
Morte | 26 de marzo de 1892 (72 anos) Camden, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | pneumonía |
Lugar de sepultura | Harleigh Cemetery (en) |
Datos persoais | |
Residencia | Walt Whitman House (en) (–1892) 99 Ryerson Street (en) (1855–1856) |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | Deísmo |
Actividade | |
Ocupación | carpinteiro , enfermeiro , mestre , xornalista , poeta , impresor , editor , ensaísta , escritor , novelista |
Período de actividade | 1842 - |
Empregador | Brooklyn Eagle (en) Brooklyn Times-Union (en) |
Influencias | |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Pai | Walter Whitman, Sr. (en) |
Cronoloxía | |
12 de abril de 1861-9 de abril de 1865 | Guerra civil estadounidense |
Premios
| |
|
Foi o primeiro poeta que experimentou as posibilidades do verso libre, servíndose dunha linguaxe sinxela e moi achegada á prosa, á vez que creaba unha nova mitoloxía para a nova nación estadounidense, segundo os postulados do americanismo emerxente. O individualismo, os relatos das súas propias experiencias, un tratamento revolucionario do impulso erótico e a crenza nos valores universais da democracia son os trazos novidosos da súa poética; na liña co romanticismo do momento. Propuxo na súa poesía unha comuñón entre os homes e a natureza de signo achegado ao panteísmo. Tanto polos seus temas como pola forma, a poesía de Whitman arredábase de todo canto se entendía habitualmente por poético, aínda que soubo crear cos novos materiais momentos de fondo lirismo.
A súa obra, concentrada nas sucesivas edicións de Follas de herba, é referencia indispensable en gran parte dos poetas modernos.