Wrangel
From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa de Wrangel (en ruso:Остров Врангеля; Ostrov Vrangelya Tamén se atopa transliterado ás veces como Ostrov Vrangl'a.) é unha illa do Ártico, localizada entre o mar de Chukchi e o mar de Siberia Oriental, no meridiano 180º, a 140 km da costa de Siberia, da que a separa o estreito de Long. Cunha lonxitude de 150 km e 125 km, na súa maior anchura, ten unha superficie de 7.608 km².
Wrangel | |
---|---|
localización da illa | |
Situación | |
País | Rusia |
Óblast | Chukotka |
Mar | Mar de Chukchi, Mar de Siberia Oriental, océano Ártico |
Coordenadas | 71°13′N 179°24′O |
Xeografía | |
Xeoloxía | illa continental |
Superficie | 7.608 km² |
Longura máxima | 150 km. |
Largura máxima | 125 km. |
Punto máis alto | 1.096 Monte Sovetskaya |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Administrativamente, pertence ao distrito autónomo de Chukotka da Federación de Rusia.
No ano 2004 a illa de Wrangel foi inscrita como integrante do Patrimonio da Humanidade da UNESCO.
A illa leva o nome do barón Ferdinand von Wrangel (1797-1870), que emprendeu en 1.820 unha viaxe de investigación á illa tras observar os voos de partida das aves do Norte e interrogou á poboación nativa tchouktche. Nunca atopou a illa, pero leva o nome na súa honra.