Xogos Olímpicos de 2024
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Xogos Olímpicos de 2024 (en francés: Jeux Olympiques de 2024), oficialmente os Xogos da XXXIII Olimpíada (en francés: Jeux de la XXXIIIe Olympiade) e tamén coñecidos como París 2024, son un evento multideportivo internacional que se celebrará do 26 de xullo ao 11 de agosto de 2024 con París como a súa principal cidade anfitrioa, xunto con outras 16 cidades repartidas pola Francia metropolitana e outra no territorio francés de ultramar de Tahití como subsedes.
Nome oficial | Jeux de la XXXIIIe olympiade Spiller vun der XXXIII. Olympiad |
---|---|
Nome na lingua orixinal | (fr) Jeux de la XXXIIIe Olympiade |
Tipo | Xogos Olímpicos de Verán |
Lema | Games wide open (en) |
Mascota | As Phryges (pt) |
Deporte | evento multideporte |
Organizador | Paris Organising Committee of the Olympic and Paralympic Games 2024 (en) |
Composto por | Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2024 Remo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2024 Rugby sevens nos Jogos Olímpicos de Verão de 2024 + ../... 35 |
Número de participantes | 10.500 |
Localización e Datas | |
Acontecementos | 329 |
Deportes olímpicos | 32 |
Localización | París (Seine (pt) ) 48°51′24″N 2°21′08″L |
País | Francia |
Intervalo de tempo | 26 de xullo de 2024 – 11 de agosto de 2024 |
Número de edición | 33 (2024) |
Outro | |
Cobertura dos medios de comunicación | Serviço Olímpico de Transmissão (pt) Eurosport (pt) Televisión Española France Télévisions (pt) |
Páxina web oficial | paris2024.org |
París foi galardoado cos Xogos na 131ª Sesión do Comité Olímpico Internacional (COI) en Lima, Perú, o 13 de setembro de 2017. Debido ás múltiples candidaturas retiradas, que deixaron só París e aos Ánxeles en liza, o COI aprobou un proceso para conceder simultaneamente a organización do envento 2024 e 2028. Despois de acoller anteriormente os Xogos Olímpicos de 1900 e 1924, París converterase na segunda cidade en acoller os Xogos Olímpicos de verán tres veces despois de Londres (1908, 1948 e 1912). Estes Xogos marcarán o centenario dos Xogos de París de 1924, os sextos Xogos Olímpicos organizados por Francia (tres de verán e tres de inverno) e os primeiros Xogos Olímpicos en Francia desde os Xogos Olímpicos de inverno de 1992 en Albertville. Estes Xogos presentarán o debut do breakdance como evento olímpico.