Caio Xulio Lacer
From Wikipedia, the free encyclopedia
Caio Xulio Lacer foi un arquitecto romano que viviu en tempos do emperador Traxano. A súa obra mestra foi a ponte de Alcántara sobre o río Texo, próximo á localidade de Alcántara, na provincia de Cáceres (España). Esta ponte erixiuse entre os anos 104 e 106 e consta de seis arcos de desigual altura, os cales descansan en cinco piares que tamén presenta, á súa vez, distintas alturas sobre un terreo de rocha achandada de lousa. Existe un fornelo conmemorativo cun arco de triunfo superior no centro da ponte cunha altura de 10 m, denominado de Traxano. A ponte está feita de perpiaños de almofada de rocha granítica, sen argamasa, de entre 45 e 50 cm de grosor.
Biografía | |
---|---|
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro civil |
Período de tempo | Imperio Romano |
Aos pés da ponte hai un templete romano no que está enterrado o arquitecto[1], e que na Idade Media foi cristianizado co nome de san Xulián.[2] Daquela, tamén se lle engadiu unha espadana e unha cruz apoiada sobre catro caveiras de granito.