Correspondente
xornalista que traballa desde un lugar específico: parlamento, países estranxeiros, etc. / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un correspondente é un xornalista que informa para un medio de comunicación dende o lugar dos feitos.[1]
A finais do século XVIII os correspondentes de The Times, eran axentes a ambos os dous lados da Canle da Mancha que entregaban escritos sobre o que estaba a suceder en París e Bruxelas. Dominar idiomas era un dos requisitos básicos.[2] O custo e a dificultade nas transmisións foron os principais problemas dos correspondentes nos medios nos que traballaban no XVIII, e as mesmas que arrastraron até principios do século XIX.[3] Os correspondentes de guerra son os xornalistas máis perseguidos. A maioría dos xornalistas que son encarcerados ou asasinados no curso do seu traballo pertencen a este grupo.[3] Por ese motivo foi creado Reporteiros sen Fronteiras.
Coa crise económica occidental iniciada na primeira década do século XXI e o crecemento de Internet, a existencia de correspondentes comezou a verse en perigo,[4] e varios medios prescindiron do seu traballo. Os correspondentes sosteñen que son "os ollos da historia"[5] e que o punto de vista que pode ofrecer un correspondente é insubstituíble doutro xeito e que prescindir dela empobrece os medios.[4]
Algúns correspondentes destacados, segundo a xornalista Cecilia Ballesteros, foron Manuel Chaves Nogales, Eugeni Xammar i Puigventós, Francisco Eguiagaray, Manu Leguineche, Robert Capa, Donald McCullin, William Howard Russell, Ernie Pyle ou Ryszard Kapuściński.[5]