Estatua da Unidade
monumento de Sardar Patel en Narmada dam, Gujarat, India / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Estatua da Unidade é unha estatua adicada ó estadista indio e fundador da república Sardar Vallabhbhai Patel (1875–1950), no distrito de Narmada en Gujarat, a India. É a estatua máis alta do mundo, cunha alzada de 182 metros ou unhas catro veces a medida da Estatua da Liberdade.[2][3] Vallabhbhai Patel foi un dos máis salientables líderes do movemento de independencia da India, e o primeiro viceprimeiro ministro da India. A estatua atópase nunha insua fronte ó encoro de Narmada (tamén chamado encoro de Sardar Sarovar) preto de Rajpipla, a 100 quilómetros ó sueste da cidade de Vadodara.
Estatua da Unidade | |
---|---|
Estatua da Unidade | |
Presentación | |
Localización | Distrito de Narmada, Gujarat, India |
Coordenadas | 21.8380, 73.7191 |
Estrutura | Encofrado de aceiro, formigón armado e revestimento de bronce[1] |
Tipo | estatua |
Uso(s) | cultural |
Construción | |
Inicio | 31 de outubro de 2013 |
Remate | 31 de outubro de 2018 |
Dimensións | |
Altura | 182 m Coa base: 240 m[1] |
Equipo | |
Escultor | Ram V. Sutar |
O monumento e os seus arredores ocupan unha área de 2 hectáreas, e está arrodeado por un lago artificial de 12 km². Foi construído por Larsen & Toubro, que conseguiu o contrato por valor de ₹29,89 billóns (US$420 millóns) para o seu deseño, construción e mantemento en outubro de 2014. A construción comezou o 31 de outubro de 2014 e rematou a mediados de outubro de 2018. Foi deseñado polo escultor indio Ram V. Sutar,[4][5] e foi inaugurado polo Primeiro Ministro indio Narendra Modi o 31 de outubro de 2018, co gallo do 143 aniversario do nacemento de Patel.[6][7][8][9]