Fútbol gaélico
deporte de equipo con balón / From Wikipedia, the free encyclopedia
O fútbol gaélico (chamado en irlandés: Peil Ghaelach ou Caid)[1] é unha variante do fútbol orixinario de Irlanda. Xunto co hurling, é o deporte de máis popularidade nese país .
O fútbol gaélico xógase en equipos de 15 membros (alternativamente 11, 9 ou 7 dependendo da competición[2], ás veces mesmo 5, raramente 8) nun campo de céspede rectangular. As porterías teñen forma de H e unha rede na parte inferior.
O obxectivo principal é anotar puntos pateando ou golpeando o balón coas mans e introducíndoo na portería rival. Gaña o equipo con máis puntos ao remate do encontro. Os xogadores avanzan polo campo levando o balón nas mans, pateándoo e pasándoo entre os demais membros do equipo.
O fútbol gaélico ou balón pesado é un dos catro Xogos Gaélicos regulados pola Asociación Atlética Gaélica (en inglés, Gaelic Athletic Association -GAA-, e en irlandés Cumann Luthchleas Gael), a maior e máis popular organización deste tipo en Irlanda. Posúe regras estritas sobre a non profesionalización das e dos xogadores. A Asociación organiza cada ano as competicións entre clubs e entre condados, das cales as máis importantes son:
- A National Football League, que se disputa entre condados cada ano entre febreiro e abril desde 1926.
- Os Campionatos Provinciais, que se disputan en formato de eliminatoria directa a partido único desde maio a xullo entre condados.
- O All-Ireland Senior Football Championship, que comeza cos Campionatos Provinciais e remata en setembro. Este é o torneo máis prestixioso e antigo (1887) deste deporte, e dispútase entre condados.
Crese que o xogo provén do antigo fútbol irlandés coñecido como caid, que se remonta a 1537, aínda que o xogo actual tomou forma en 1887.