Hiperión
From Wikipedia, the free encyclopedia
Hiperión é un satélite de Saturno, o sétimo satélite clásico en orde de distancia desde o planeta, e o oitavo en tamaño, próximo a Titán. Distínguese pola súa forma irregular, estar cheo de cráteres, a súa rotación caótica e a súa órbita excéntrica, así como polo súa aparencia parecida a unha esponxa.
Descubrimento | |
---|---|
Descuberto por | Bond, Bond e Lassell |
Descuberto o | 16 de setembro de 1848 |
Características da órbita | |
Semieixe maior | 1 481 009 km |
Excentricidade | 0,1230061 |
Período orbital | 21,27661 d |
Inclinación | 0,43° (repecto ó ecuador de |
É un satélite de | Saturno |
Características físicas | |
Diámetro | 360×280×225 km |
Masa | 5,686×1018 kg |
Densidade | 0,5 g/cm³ Arquivado 08 de decembro de 2007 en Wayback Machine. |
Gravidade superficial | 0,041 m/s² |
Período de rotación | caótico |
Inclinación axial | variable |
Albedo | 0,25 |
Atmosfera | non ten |
Está en órbita a unha distancia media de 1.481.000 km, realizando unha volta en pouco máis de vinte e un días e seis horas. De forma relativamente irregular, ten un diámetro de arredor de 300 km e unha masa mil veces inferior á nosa Lúa. A súa densidade é extraordinariamente baixa, polo que na súa maior parte debe estar cheo de cavidades.
Hiperión foi descuberto en 1848 polos astrónomos William C. Bond e o seu fillo George P. Bond, e independentemente por William Lassell.
Probablemente está formado na súa maioría por xeo de agua. As últimas análises feitas pola sonda Cassini-Huygens constataron que cerca do 40% do satélite está baleiro e confirmaron que Hipérion está composta principalmente de xeo, con poucas masas rochosas, como pode ser indicado pola súa baixa densidade.[1]