Lingua chinesa
lingua do grupo sino-tibetano falada na China / From Wikipedia, the free encyclopedia
O chinés[4] (chinés simplificado: 汉语 / chinés tradicional: 漢語 / Pinyin: Hànyǔ; 华语/華語 / Huáyǔ; ou 中文 / Zhōngwén) é a lingua (ou familia de linguas) falada na China, pertencente ao grupo sino-tibetano[5]. Aínda que se tende a considerar o chinés como unha única lingua, principalmente debido ao feito de que todos os seus falantes escriben igual (é dicir, que son mutuamente intelixibles a nivel escrito), o certo é que é un conxunto de linguas distintas, cuxos falantes non se entenden oralmente entre si. A principal e oficial na República da China é o mandarín estándar (Putonghua), baseado no dialecto de Pequín, aínda que a máis falada fóra da China é o cantonés (Yue).
Chinés 汉语/漢語 Hànyǔ, 中文 Zhōngwén' | ||
---|---|---|
Pronuncia: | ||
Outros nomes: | Hànyǔ (chinés) escrito do xeito tradicional (esquerda) e con caracteres simplificados (dereita) | |
Falado en: | República Popular da China (en curto "China"), República da China (coñecido como "Taiwán"), Singapur, Malaisia, as Filipinas e outras rexións con comunidades chinesas | |
Rexións: | (maioritarias): Asia Oriental (minoritarias): Sueste de Asia, e outras rexións con comunidades chinesas | |
Total de falantes: | 1 197 294 060 (falantes de tódalas variedades)[1] | |
Posición: | Chinés: 1 | |
Familia: | Sino-tibetana Sinítica Chinés Chinés | |
Escrita: | Escrita chinesa, Zhùyīn fúhào | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | China Taiwán Singapur Macau Hong Kong Recoñecida coma lingua rexional en: Mauricio e no Canadá | |
Regulado por: | Na China: Comisión Nacional de Lingua e Escritura[2] En Taiwán: Comité Nacional de Linguas En Singapur: Consello de Promoción do Mandarín En Malaisia: Consello de Estandarización da Lingua Chinesa | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | zh | |
ISO 639-2: | chi (B) | zho (T) |
ISO 639-3: | varios:zho — Lingua chinesacdo — Min Dongcjy — Jincmn — Mandaríncpx — Pu Xianczh — Huizhouczo — Min Zhonggan — Ganhak — Hakkahsn — Xiangmnp — Min Beinan — Min Nanwuu — Wuyue — Yue
| |
Mapa | ||
Lenda: Países que teñen o chinés como lingua nativa ou administrativa Países con máis de 5 000 000 de falantes de chinés Países con máis de 1 000 000 de falantes de chinés Países con máis de 500 000 falantes de chinés Países con máis de 100 000 falantes de chinés Principais comunidades de falantes de chinés | ||
Status | ||
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Arredor dun quinto da poboación mundial, por riba de 1.000 millóns, falan algunha forma de chinés como lingua materna. De acordo cos novos informes de marzo de 2007, un 86% da xente na República Popular da China fala unha variante do chinés.[6] O mesmo informe indica que o 53%, 700 millóns, poden comunicarse eficazmente en mandarín estándar (normalmente chamado "mandarín"), superando a calquera outra lingua do mundo.
Trátase dunha lingua tonal, isto é, na que un mesmo conxunto de fonemas ten distinto significado en función do ton no que se emite. O chinés escríbese con caracteres que nalgún caso son ideogramas pero máis comunmente representan pronuncias e composicións. Unha persoa escolarizada coñece uns 1.000 caracteres e unha culta uns 5.000. A escritura chinesa é a base das escrituras tradicionais coreana e xaponesa. O xaponés actual utiliza uns 2.000 kanji, caracteres chineses co mesmo significado pero distinta pronuncia.