Lingua mazanderani
Lingua da familia iraniana / From Wikipedia, the free encyclopedia
O mazanderani (مازندرانی), tamén chamado tabari (طبری) ou geleki (گلکی) é unha lingua iraniana e un membro das linguas do noroeste, falada nas provincias de Mazandarán, Teherán e Golestán, en Irán. Como membro da póla noroeste, está estreitamente relacionada coa lingua gilaki, e dun xeito máis distante coa lingua persa, que pertence á póla sur.[2][3] O mazanderani e o gilaki teñen un vocabulario semellante. A linguas gilaki e mazanderani (pero non outras linguas iranias) comparten certos trazos tipolóxicos coas linguas caucásicas,[4][5] reflectindo a historia, a identidade étnica e a relación da rexión do Cáucaso cos pobos gilaki e mazanderani.
Datos rápidos Mazanderani مازندرانی, Códigos de lingua ...
Mazanderani مازندرانی | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Tabari طبری Geleki گلکی | |
Falado en: | Irán | |
Rexións: | Costa sur do mar Caspio | |
Total de falantes: | 5,5 millóns (2013) | |
Familia: | Indoeuropea Indoirania Irania Irania occidental Irania do noroeste Caspio Mazanderani | |
Escrita: | Alfabeto persa | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | mzn
| |
Mapa | ||
Status | ||
Pechar
Este artigo amosa letras persas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |