Manfred von Richthofen
From Wikipedia, the free encyclopedia
Manfred Albrecht von Richthofen, nado en Breslau o 2 de maio de 1892 e finado en Vaux-sur-Somme o 21 de abril de 1918, máis coñecido como o Barón Vermello, foi un lendario piloto de cazas alemán da primeira guerra mundial. Foi considerado o ás de áses da guerra porque conseguiu derribar oitenta aeroplanos inimigos.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Manfred Albrecht von Richthofen 2 de maio de 1892 Wrocław (Reich alemán) |
Morte | 21 de abril de 1918 (25 anos) Vaux-sur-Somme (Francia) |
Causa da morte | morto en combate, presumiblemente |
Lugar de sepultura | South Cemetery Wiesbaden (en) 50°03′37″N 8°15′57″L |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Prusia |
Educación | Royal Prussian Main Cadet Institute (en) |
Actividade | |
Ocupación | aviador militar , oficial |
Período de actividade | 1911 - |
Lingua | Lingua alemá |
Carreira militar | |
Lealdade | Imperio Alemán |
Rama militar | Luftstreitkräfte (pt) |
Rango militar | Rittmeister (pt) |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Outro | |
Título | Freiherr (pt) |
Pais | Albrecht Freiherr von Richthofen (en) e Kunigunde von Schickfus und Neudorff |
Irmáns | Lothar von Richthofen e Bolko von Richthofen |
Premios | |
Soldado de cabalaría no inicio da contenda, en 1915 foi destinado ao Servizo Aéreo e converteuse nun dos primeiros membros do escuadrón de cazas Jagdstaffel 2 en 1916. Axiña se distinguiu como piloto de cazas e en 1917 pasou a ser o líder da Jasta 11 e despois da á de cazas Jagdgeschwader 1, máis coñecido como o "Circo voador". Xa en 1918 era un heroe dos alemáns e respectado polos seus inimigos, pois permitía escapar as súas vítimas feridas. A súa unidade foi responsable da derriba de 151 avións británicos, fronte a 66 das propias, durante o mes de abril de 1917.[2] Por iso recibiu a medalla ao mérito.
Os seus avións, o caza biplano Albatros D.II e despois o triplano Fokker Dr.I, permitíanlle unha ampla capacidade de manobra e piruetas. Non obstante, a maioría das súas vitorias consguiunas nun avión tipo Albatros.
Richthofen foi derribado e morto na mañá do 21 de abril de 1918 no norte de Francia.[3] É un dos pilotos de guerra máis célebres de todos os tempos e tema de moitos libros e filmes.