Manicho
persoa que utiliza preferentemente o lado esquerdo do seu corpo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os manichos,[1] tamén chamados xergos[2] ou zurdos,[3] son as persoas que asimilan tendencia natural ou utilizan preferentemente o lado esquerdo do seu corpo, situación observable nas súas extremidades. É un fenotipo minoritario da especie humana. As persoas que usan preferentemente a man dereita son destras, mentres que as que usan indistintamente as dúas mans ou pernas son ambidestras.