Rasheed Wallace
baloncestista estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Rasheed Abdul Wallace, nado o 17 de setembro de 1974 en Filadelfia, Pensilvania e un antigo xogador profesional estadounidense de baloncesto. Con 2,11 metros de estatura, xoga na posición de ala-pivote.
Posición | Ala-pivote |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 17 de setembro de 1974 (49 anos) Filadelfia, Pensilvania |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
Peso oficial | 104 kg (230 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Simon Gratz HS |
Universidade | North Carolina (1993–1995) |
NBA Draft | 1995 / Rolda: 1 / Elección: 4 Por Washington Bullets |
Carreira | dende 1995 |
Historial de equipos | |
Washington Bullets (1995-1996) Portland Trail Blazers (1996-2004) Atlanta Hawks (2004) Detroit Pistons (2004-2009) Boston Celtics (2009-2010) New York Knicks (2012-2013) | |
Premios e galardóns | |
| |
Información en nba.com |
Wallace comezou a súa andaina na NBA en 1995 cando foi elixido no Draft da NBA por Washington Bullets, procedente dos Tar Heels da Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill. Na súa primeira tempada na liga foi incluído no segundo mellor quinteto de rookies e ao final da campaña foi traspasado a Portland Trail Blazers a cambio de Rod Strickland e Harvey Grant.[1] A súa mellor actuación individual foi os 42 puntos ante Denver Nuggets en 2001 e foi a peza clave dos Blazers que chegaron até as Finais de Conferencia do 2000 e caeron eliminados por Los Angeles Lakers en sete partidos.
Axudou a Detroit Pistons a gañar o campionato en 2004, obtendo o seu primeiro e único anel de campión. A parella que formou nos Pistons co pivote Ben Wallace era coñecida como "Wallace x 2". O 27 de outubro de 2007, Wallace dixo que "a NBA xa non é como un deporte senón máis ben como a World Wrestling Federation: falso e só polo diñeiro e o entretemento". O Comisionado da NBA David Stern reprendeulle pola súa declaración chamándolle "irrespetuoso".[2]