A grande onda de Kanagawa
From Wikipedia, the free encyclopedia
A grande onda de Kanagawa (神奈川沖浪裏, Kanagawa oki nami ura?, literalmente «Baixo unha onda en alta mar en Kanagawa»), tamén coñecida simplemente como A onda ou A grande onda, é unha famosa estampa xaponesa do pintor especialista en ukiyo-e Katsushika Hokusai, publicada entre 1830 e 1833,[3] durante o período Edo da historia do Xapón.
A grande onda de Kanagawa[1][2] | |
---|---|
Artista | Katsushika Hokusai |
Data | entre 1830 e 1833 |
Técnica | Gravado |
Dimensións | 25 cm × 37 cm |
Localización | Museo Metropolitano de Arte (Nova York) |
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Esta estampa é a obra máis coñecida de Hokusai e a primeira da súa famosa serie Fugaku sanjūrokkei (富嶽三十六景?, «Trinta e seis vistas do monte Fuji»),[2] ademais de ser a estampa máis famosa do seu xénero. Do molde utilizado realizáronse varios miles de copias, chegando moitas delas a mans de coleccionistas europeos. A partir da década de 1870 a estampa tornouse moi popular entre artistas e coleccionistas franceses.[3]
Varios museos conservan exemplares da obra, como o Museo Guimet, o Museo Metropolitano de Arte, o Museo Británico, ou incluso a Biblioteca Nacional de Francia, xeralmente provenientes de coleccións privadas do século XIX.