Adelaide Hall
From Wikipedia, the free encyclopedia
Adelaide Louise Hall, nada en Nova York o 20 de outubro de 1901 e finada en Londres o 7 de novembro de 1993, foi unha cantante de jazz estadounidense establecida no Reino Unido. A súa longa carreira estendeuse máis de 70 anos, dende 1921 ata o seu pasamento e foi unha figura central no Harlem Renaissance.[1][2][3][4]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de outubro de 1901 Brooklyn, Estados Unidos de América |
Morte | 7 de novembro de 1993 (92 anos) Londres, Reino Unido |
Causa da morte | pneumonía |
Lugar de sepultura | The Evergreens Cemetery (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Grupo étnico | Afroamericano |
Educación | Instituto Pratt |
Actividade | |
Ocupación | cantante , músico de jazz , actriz de teatro |
Período de actividade | 1921 - |
Xénero artístico | Jazz |
Movemento | Renacemento de Harlem |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Columbia Records Decca Records |
|
Hall entrou no Guinness World Records en 2003 como a artista cunha carreira gravada máis duradeira, por pubblicar material en oito décadas consecutivas.[5] Actuou con artistas destacados como Art Tatum,[6] Ethel Waters, Josephine Baker, Louis Armstrong, Lena Horne, Cab Calloway, Fela Sowande,[7] Rudy Vallee[8] e Jools Holland, e gravou como cantante con Duke Ellington (con quen fixo a súa gravación máis coñecida, "Creole Love Call", en 1927)[9] e Fats Waller.[10][11][12][13]