Aeroporto de Seattle-Tacoma
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto internacional de Seattle-Tacoma (IATA: SEA, OACI: KSEA), tamén coñecido como aeroporto Sea-Tac, é o principal aeroporto comercial que serve a área metropolitana de Seattle, no estado de Washington. Está situado na cidade de SeaTac, a uns 21 quilómetros ao sur do centro de Seattle. É o aeroporto máis grande da rexión do Noroeste do Pacífico de Norteamérica e é propiedade e está operado polo Porto de Seattle.
Aeroporto de Seattle-Tacoma Seattle-Tacoma International Airport | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario/Operador | Port of Seattle | ||
Cidade/Illa | seattle e Tacoma | ||
Localización | SeaTac, Washington | ||
Elevación (msnm) | 132 metros / 433 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | www.portseattle.org | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
16L/34R | 3 627 | 11 901 | formigón |
16C/34C | 2 873 | 9 426 | formigón |
16R/34L | 2 591 | 8 500 | formigón |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 45 736 700 | ||
O aeroporto ten servizos a cidades de Norteamérica, Europa, Oriente Medio e Asia. É o principal centro de conexións para Alaska Airlines e a súa subsidiaria rexional Horizon Air, que teñen a súa sede preto do aeroporto. Tamén é un centro de conexións e porta de entrada internacinal a Asia e Europa para Delta Air Lines. É o 28º aeroporto máis concorrido do mundo en termos de pasaxe, con máis de 45 millóns de pasaxeiros en 2016.[1]