Amchitka
From Wikipedia, the free encyclopedia
Amchitka é unha illa volcánica nunha zona de inestabilidade tectónica. Forma parte do grupo das illas Rat no sistema formado polas illas Aleutianas no suroeste de Alasca. Ten unha lonxitude de 68 quilómetros e varía entre os 3 e os 6 quilómetros de anchura. Ten un clima oceánico, con moitas tormentas e con ceos xeralmente nubrados.
Amchitka | |
---|---|
Situación | |
País | Estados Unidos |
Arquipélago | Aleutianas |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 51°28′N 179°05′L |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa volcánica |
Superficie | 308´6 km² |
Longura máxima | 68 km. |
Largura máxima | 6 km. |
Punto máis alto | 373 m. |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada (2010) |
Lingua propia | Inglés |
A illa estivo ocupada durante máis de 2.500 anos polos aleutianos ou esquimós, pero non houbo unha poboación permanente desde 1832. Incluíuse na Compra de Alasca de 1867, e desde entón formou parte dos Estados Unidos. Durante a segunda guerra mundial usouse como aeródromo para as forzas estadounidenses na batalla das Illas Aleutianas.
Amchitka foi elixida pola Comisión de Enerxía Atómica dos Estados Unidos para levar a cabo detonacións de armas nucleares baixo terra. levaron a cabo 3 probas deste tipo: Long Shot, que produciu unha explosión de 80 quilotóns en 1965, Milrow, que produciu unha explosión de 1 megatón en 1969 e Cannikin en 1971. Esta última explosión, de "menos de 5 megatóns", é a maior explosión subterránea nuclear que se levou a cabo en chan estadounidense. As probas tiveron moitas críticas, xa que os grupos ecoloxistas tiñan medo de que a explosión Cannikin en particular puidese desencadear graves terremotos e tsunamis.
Desde entón, Amchitka non se usou máis para probas nucleares, aínda que está baixo vixilancia pola presenza de contaminación radioactiva.