Apsar abkhazo
moeda de Abkhazia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O apsar (en abkhazo: аҧсар, āpsār) é unha moeda emitida polo Banco de Abkhazia. Aínda que ten a consideración legal de moeda de curso legal no país, xunto co rublo ruso, que é a unidade monetaria de facto, as moedas emitidas entre 2008 e 2020 e o único billete emitido en 2018 están destinados exclusivamente ao coleccionismo e o investimento, e as súas tiraxes son moi limitadas.[1][2] O Banco de Abkhazia propuxo en 2015 a extensión do seu uso como moeda circulante en Abkhazia, paralelamente ao rublo ruso. [3]
Apsar abkhazo | |
---|---|
аҧсар, āpsār (en abkhazo) | |
Código: | |
Ámbito: | Abkhazia |
Símbolo: | Аҧ |
Fracción: | |
Moedas: | 1, 2, 10, 20, 25, 50 e 100 apsar. |
Billetes: | 500 apsar. |
Emisor: | Banco de Abkhazia |
Taxa de troco: | Fixa: 1 rublo = 0,1 apsar. |
Troco actual |
A denominación provén dos Apsars, unha tribo mencionada nas Crónicas Xeorxianas que habitou a rexión na Idade Media e á que se lle atribúe ser o antecedente do actual pobo abkhazo.[4][5]