Bacharelato
etapa educativa postobrigatoria / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Bacharelato é un título ou unha etapa educativa moi diferente en distintos países e épocas.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
Máis información Sistema educativo español, Réxime xeral ...
Sistema educativo español |
---|
Réxime xeral |
Réxime especial |
|
Pechar
No sistema educativo español actual, que foi deseñado na LOXSE, o bacharelato é a derradeira etapa do Ensino Secundario. Ten carácter voluntario e unha duración de dous cursos, normalmente entre os 16 e os 18 anos.
Pode ser:
- Ciencias
- Humanidades e ciencias sociais
- Arte
- Xeral
Os estudos desta etapa perseguen os seguintes obxectivos:
- Formación xeral, que favoreza unha maior madurez intelectual e persoal, así como unha maior capacidade para adquirir unha ampla gama de saberes e habilidades.
- Preparatoria, que asegure as bases para estudos posteriores, tanto universitarios como de formación profesional.
- Orientadora, que lles permita aos alumnos canalizar as súas preferencias e intereses.
As materias que se imparten son máis especializadas que no Ensino Secundario Obrigatorio.
Ao finalizar o bacharelato o alumno pode presentarse a un exame de selectividade, o cal consiste nunhas probas escritas que permiten ter acceso aos estudos universitarios, ou ben acceder a ciclos formativos de grao superior.