Billie Eilish
cantante e compositora estadounidense (2001–) / From Wikipedia, the free encyclopedia
Billie Eilish Pirate Baird O'Connell[1], nada nos Ánxeles (California) o 18 de decembro de 2001[2], é unha cantante e compositora estadounidense.[3] O seu primeiro sinxelo, «Ocean Eyes», volveuse viral e acumulou máis de 194 millóns de transmisións en Spotify desde 2015 até febreiro de 2019. O seu primeiro EP Don't Smile at Me lanzouse en agosto de 2017 e foi certificado como Gold pola RIAA; a maiores, cinco das cancións tamén foron certificadas pola RIAA (catro Gold, un Platinum). Tras o éxito do EP, Apple Music nomeou a Eilish como o seu novo artista de Up Next un mes máis tarde, en setembro de 2017.[4]
(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en-us) Billie Eilish Pirate Baird O'Connell 18 de decembro de 2001 (22 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Grupo étnico | Irlandoamericano e escocés-americano |
Actividade | |
Campo de traballo | Música |
Lugar de traballo | Os Ánxeles |
Ocupación | cantautora , compositora , cantante , bailarina |
Período de actividade | 2015 - |
Xénero artístico | Electropop (pt) , indie pop e alternative pop (en) |
Lingua | Lingua inglesa e inglés estadounidense |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Voz, guitarra, ukelele e teclado |
Selo discográfico | Darkroom (en) Interscope Records |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pais | Patrick O'Connell e Maggie Baird (pt) |
Irmáns | Finneas O'Connell |
Premios
| |
Páxina web | billieeilish.com |
|
O seu primeiro álbum de estudo When We All Fall Asleep, Where Do We Go? apareceu en marzo de 2019[5] debutou no cume do Billboard 200 e converteuse no álbum de mellor saída en 2019 nos EUA[6] Tamén conseguiu o número 1 no Reino Unido. O álbum contén 6 sinxelos do Top 40 de Billboard Hot 100: "When the Party's Over", "Bury a Friend", "Wish You Were Gay", "Xanny", "Everything I Wanted", e "Bad Guy". Este último converteuse no seu primeiro sinxelo que chegou ao número 1 nos Estados Unidos.