Blond Ambition World Tour
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Blond Ambition World Tour foi a terceira xira da cantante americana Madonna. Foi posta en marcha en apoio ó seu cuarto álbum de estudio , Like a Prayer, e da banda sonora, I'm Breathless. O tour percorría Norteamérica, Europa e Asia. Foi unha xira extremadamente controvertida, sobre todo debido á xustaposición de iconografía católica e sexualidade. A revista Rolling Stone dixo da mesma que "posuía unha coreografía moi elaborada e que se trataba dun espectáculo sexualmente provocativa" e proclamou que o mesmo era "o mellor tour de 1990". No ano 1991, foi lanzado o documental Truth or Dare (In Bed with Madonna fóra dos Estados Unidos), unha crónica da xira. O espectáculo recibiu o premio á "produción escénica máis creativa" nos premios da industria de Pollstar Concert. Esta xira atinxiu a cifra de máis de 60 millóns de dólares norteamericanos, vendendo tan só en Norteamérica 482,832 entradas ás dúas primeiras horas da pre-venda, conseguindo así 14,237,000 $.[1]
A xira topouse cunha forte reacción por parte de grupos relixiosos debido á actuación de "Like a Virgin", durante a cal dous bailaríns acariciaban o corpo de Madonna antes de que esta simulase unha masturbación. A Igrexa de Inglaterra e a Igrexa Católica criticaron a súa actuación e incluso o Papa Xoán Paulo II pediu ó público en xeral e á comunidade cristiá que non acudisen ó concerto. Unha asociación privada de católicos os cales se nomeaban a si mesmos como Famiglia Domani tamén boicotearon o tour debido ó seu erotismo. En resposta a toda esta controversia, a cantante dixo, O tour non fere os sentimentos de ninguén. É unha xira que axuda a abrir as mentes e que mostra a sexualidade dende outro punto de vista. A súa e a dos demais."[2]
O tour foi gravado en diferentes ocasións, incluíndo concertos nos Estados Unidos, Francia, o Xapón e España. Tamén se fixo un especial de televisión para HBO TV, titulado Madonna - Live! Blond Ambition World Tour 90, filmado en Niza.