Bogurodzica
From Wikipedia, the free encyclopedia
Bogurodzica (nai de Deus) é o máis vello himno relixioso polaco, composto entre o século XIII e o XIV[1], constituíndo tamén o máis antigo poema en lingua polaca[2], a diferenza doutros himnos relixiosos polacos medievais non é unha tradución do latín, e aínda que a súa orixe é incerta Roman Jakobson suxeriu que a súa procedencia podería estar no eslavo eclesiástico por medio dunha tradución checa[3].
Os cabaleiros polacos cantaron este himno logo da batalla de Grunwald (15 de xullo de 1410) durante a Guerra polaco-lituano-teutónica e mentres se loitaba co exército turco en Varna no ano 1444, converténdose nunha sorte de himno nacional.