Campo magnético terrestre
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un compás apunta de xeito aproximado na dirección Norte - Sur por tratarse dunha agulla magnetizada inmersa no campo magnético terrestre: a Terra compórtase coma un imán xigantesco e ten polos magnéticos, os cales non coinciden cos polos xeográficos.
O Polo Norte Magnético atópase relativamente preto do Polo Sur Xeográfico, movéndose moi lentamente. Por contra, o Polo Sur Magnético apunta preto do Polo Norte Xeográfico, e nos anos 2010 estase a mover a uns 50-60 km/ano, tendo atravesado a liña de cambio de data en 2017, a uns 390 km do polo norte xeográfico.[1] En consecuencia, un compás non apunta exactamente cara ó Norte xeográfico; a diferenza, medida en graos, denomínase declinación magnética. A declinación magnética é variable, dependendo non só do ano de medición, senón do punto da Terra onde se faga a medición. Así, nos anos 1990, ten sido duns 11º en Galicia, sendo practicamente nula no 2018, ó pasar preto do norte xeográfico a xeodésica que ligaba Galicia co polo magnético. O polo sur magnético desprazouse pola zona norte canadense en dirección cara ó norte de Alasca, para continuar camiño cara a Siberia (ver figura).