Carolina Casanova
soprano galega / From Wikipedia, the free encyclopedia
Carolina Casanova Rodríguez,[lower-alpha 1] máis coñecida como Carolina Casanova de Cepeda ou simplemente como «La Cepeda»,[lower-alpha 2] nada o 10 de xaneiro de 1847 no ferrolán barrio de Esteiro e finada en Madrid o 8 de febreiro de 1910, foi unha soprano galega, considerada como unha das mellores sopranos da segunda metade do século XIX. Foi unha das primeiras sopranos españolas en acadar renome en Europa.[3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Carolina Casanova de Cepeda 10 de xaneiro de 1847 Ferrol, España |
Morte | 8 de febreiro de 1910 (63 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de San Justo de Madrid |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Xénero artístico | Ópera |
Lingua | Lingua castelá |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Voz |
Ao longo da súa carreira Carolina Casanova actuou nalgúns dos teatros de ópera máis prestixiosos do mundo, como o Teatro alla Scala de Milán, o Teatro San Carlo de Nápoles, ou a Royal Opera House de Londres, tendo realizado estreas mundiais como a de Il mercadante di Venezia de Ciro Pinsuti. Logo de deixar a súa carreira concertística exerceu como profesora na Escola Nacional de Música e Declamación (actualmente denominado Real Conservatorio Superior de Música de Madrid), onde formaría a futuras personalidades importantes do mundo da ópera española.
No momento da súa morte, durante as festividades do Entroido, o Conservatorio abriu as súas portas para que alumnado e profesorado do centro puideran darlle a última homenaxe, e algúns xornais cualificaron a súa como «unha perda irreparable» para a arte española.