Cultura hip hop
subcultura que inclúe música hip hop, música dj, breakdance e graffiti / From Wikipedia, the free encyclopedia
A cultura hip hop é un movemento artístico e cultural que foi creado por afroamericanos,[1][2] orixinario na cultura urbana dos barrios de Estados Unidos,[3][4] tamén coñecido coma cultura afroamericana hip hop,[5][6][7] a súa orixe data de anos antes do seu salto a fama mundial,[8] cando chegou a outros grupos como os americanos latinos e caribeños, comezando no Bronx, Nova York. A cultura hip hop caracterízase por catro elementos fundamentais: rapping ou mcing, DJ e turntablism, breakdance e graffiti. Outros elementos inclúen o coñecemento histórico do movemento, o beatboxing, o emprendemento na rúa, a linguaxe hip hop e a moda hip hop.