Dólar de prata do 50 aniversario de USO
moeda conmemorativa estadounidense de 1991 / From Wikipedia, the free encyclopedia
O dólar de prata do 50 aniversario de USO (United Service Organizations) é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 1991 e cuñada polas Casas da Moeda de San Francisco e de Denver.
Máis información Dólar de prata do 50 aniversario de USO (United Service Organizations) ...
Dólar de prata do 50 aniversario de USO (United Service Organizations) | |
---|---|
A/: Bandeirola baseada no deseño do logo de USO. Marcas de gravador (RL e JM).
Lendas: IN GOD WE TRUST / 50th Anniversary / USO / LIBERTY 1991 |
R/: Aguia sobre globo terráqueo, con fita no peteiro, con oce estrelas debaixo. Marcas de ceca e de gravador (JM).
Lenda: UNITED STATES OF AMERICA / FIFTY YEARS SERVICE / TO SERVE PEOPLE / E PLURIBUS UNUM / ONE DOLLAR |
|
Pechar
Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 101-404, do 2 de outubro de 1990,[1] pola que se dispuxo a emisión dunha moeda en conmemoración do 50 aniversario da fundación United Service Organizations (USO), unha entidade sen ánimo de lucro que achega servizos morais e de recreo aos membros das Forzas Armadas dos Estados Unidos por todo o mundo.[2]