In God We Trust
Lema dos Estados Unidos de América / From Wikipedia, the free encyclopedia
"In God We Trust" é o lema dos Estados Unidos de América, e foi adoptado oficialmente en 1956 para substituír o non oficial E pluribus unum, que fora adoptado cando se creou o Gran Selo dos Estados Unidos en 1782.[1][2]
"In God we trust" apareceu por vez primeira nunha moeda estadounidense en 1864[3] e nos billetes dende 1957.[4] Algúns secularistas opóñense ó seu uso.[5]
É tamén o lema do estado de Florida. O seu equivalente en castelán, En Dios Confiamos, é o lema da República de Nicaragua.[6]