Decretos de Nueva Planta
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Decretos de Nueva Planta son un conxunto de decretos asinados polo rei Filipe V despois da Guerra de Sucesión, en virtude dos cales se abolían os Foros e Constitucións dos territorios da Coroa de Aragón e se cambiaba a organización territorial da Monarquía Hispánica. Formalmente son unha serie de Cédulas Reais que estableceron unha «nova planta» das Reais Audiencias dos territorios da Coroa de Aragón e da Coroa de Castela. Todos eles veñen precedidos dunha abolición das institucións propias:
- Reinos de Valencia e Aragón: 29 de xuño de 1707.
- Mallorca e as Pitiusas: 28 de novembro de 1715.
- Principado de Cataluña: 16 de xaneiro de 1716.
Los corregidores pondrán el mayor cuidado en introducir la lengua castellana, a cuyo fin darán las providencias más templadas y disimuladas para que se consiga el efecto deseado sin que se note el cuidado
O 13 de abril de 1711 promulgouse un segundo decreto en Aragón que restablecía parte do dereito aragonés e regulaba unha nova organización da Audiencia de Zaragoza. A primeira reivindicación da Coroa de Aragón respecto á situación anterior á Nueva Planta foi o memorial de agravios denominado Representació (1760). Os Decretos de Nueva Planta significaron a fin das institucións propias dos países da Coroa de Aragón, se ben xa foran perdendo a súa influencia real durante os sucesivos reinados da Casa de Habsburgo[3].