Economista
profesional da ciencia social de economía / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un economista[1] é un traballador profesional cuxo obxectivo é comprender e estudar os fenómenos e procesos históricos sobre o colectivo e os individuos, as institucións e os fenómenos económicos e socioeconómicos . Basicamente, o traballo dun economista baséase na investigación da forma en que a sociedade produce, distribúe e consome bens materiais e servizos.[2] Neste senso, estuda a asignación eficiente de recursos escasos entre as innumerables posibilidades de decisión,[3] polo que tamén se ocupa permanentemente da escaseza.[4]