Escocia
país do Reino Unido / From Wikipedia, the free encyclopedia
Escocia[1][2] (en inglés: Scotland; en scots: Scotland; en escocés: Alba) é un país que forma parte do Reino Unido.[3][4][5] É o máis setentrional dos catro países constituíntes que forman o Reino Unido. Xunto con Inglaterra e Gales, forma parte da illa de Gran Bretaña, e abrangue un terzo da súa superficie total. Ademais da parte de Escocia localizada na illa de Gran Bretaña, o territorio escocés consta de máis de 790 illas,[6] incluíndo as Shetland, as Orcadas e as Hébridas. Limita ao norte e oeste co océano Atlántico; ao leste co Mar do Norte, ao sur con Inglaterra e ao suroeste coa Canle do Norte e o Mar de Irlanda. O territorio escocés comprende 78.772 km², e a súa poboación estímase en 5 116 900 habitantes, o que dá unha densidade de poboación de 65 habitantes por km².
Scotland (en) Alba (gd) | |||||
Himno | Flower of Scotland | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «In My Defens God Me Defend (pt) » | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
Capital | Edimburgo | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.404.700 (2016) (68,6 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa Lingua gaélica escocesa Lingua scots | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 78.782 km² | ||||
Punto máis alto | Ben Nevis (1.344) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Santo padrón | André Apóstolo | ||||
Organización política | |||||
• Monarca | Carlos III do Reino Unido | ||||
Órgano executivo | Scottish Government (en) | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento escocés , (Escano: 129) | ||||
Moeda | libra esterlina | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .scot (pt) | ||||
Prefixo telefónico | +44 | ||||
ISO 3166-2 | GB-SCT | ||||
Código NUTS | UKM | ||||
Páxina web | gov.scot |
Edimburgo, a capital do país e segunda meirande cidade, é un dos centros financeiros de Europa.[7] Edimburgo foi o centro da Ilustración escocesa do século XVIII, que transformou a Escocia nunha das potencias comerciais, intelectuais e industriais de Europa. Glasgow, a cidade máis grande,[8] foi outrora unha das cidades industriais máis importantes do mundo e hoxe atópase no centro da aglomeración de Gran Glasgow. As augas territoriais escocesas abranguen unha parte importante[9] do Atlántico Norte e do Mar do Norte, contendo unha das maiores reservas de petróleo da Unión Europea. Por este motivo, Aberdeen, a terceira cidade de Escocia, ten o título de capital europea do petróleo.[10]
O Reino de Escocia foi un estado independente durante a Alta Idade Media, e continuou a súa existencia ata 1707. Nesa data produciuse unha unión persoal na que se asinaron as Actas de Unión con Inglaterra, para crear o 1 de maio de 1707 o Reino Unido da Gran Bretaña. A unión produciuse malia a oposición popular e as revoltas anti-unión en Edimburgo, Glasgow e noutras partes.[11][12] O Reino Unido de Gran Bretaña entrou posteriormente noutra unión política co Reino de Irlanda, o 1 de xaneiro de 1801, para crear o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda.
O sistema legal escocés mantívose separado do de Inglaterra, Gales e Irlanda do Norte, polo que é considerada en dereito internacional como unha entidade xurídica distinta.[13] A existencia de institucións legais, educativas e relixiosas distintas permitiron a supervivencia da cultura e da identidade nacional escocesa dende a Unión de 1707.[14] En 1999 recuperou un poder lexislativo, o Parlamento de Escocia, grazas ó referendo de 1997, e volveu reunir a autoridade sobre moitas áreas dos asuntos de interior. En maio de 2011, o Scottish National Party (SNP, Partido Nacional de Escocia) gañou con ampla maioría as eleccións ó parlamento. Como resultado, celebrouse un referendo de independencia o 18 de setembro de 2014, que rexeitou a independencia por un 55% contra o 45%, e cunha participación do 85%.[15][16][17][18]
Escocia é membro do Consello británico-irlandés,[19] e da Asemblea parlamentaria británico-irlandesa, así como no acordo da Common Travel Area.[20] Escocia é representada na Unión Europea e no Parlamento Europeo con seis MEPs.[21]