Expansión do fondo oceánico
From Wikipedia, the free encyclopedia
A expansión dos fondos oceánicos ocorre nas dorsais oceánicas, onde se forma unha nova cortiza oceánica mediante a actividade volcánica e o movemento gradual do fondo afastándose da dorsal. Este feito axuda a entender a deríva continental explicada pola teoría da tectónica de placas.[1]
Teorías anteriores (por exemplo, a de Alfred Wegener) sobre deríva continental supuñan que os continentes eran transportados a través do mar. A idea de que o propio fondo mariño móvese (e arrastra aos continentes con el) mentres se expande desde un eixo central foi proposta por Harry Hess da Universidade de Princeton na década de 1960.[2] A teoría acéptase amplamente na actualidade, e crese que o fenómeno é causado por correntes de convección na parte débil e plástica da capa superior do manto (denominada astenosfera na definición clásica). As maiores probas da mencionada teoría son as fosas oceánicas, as dorsais oceánicas, o magma saínte cara á superficie, o novo fondo mariño.[3]