Festival Internacional de Cinema de Toquio
festival anual de cinema celebrado en Toquio, no Xapón / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Festival Internacional de Cinema de Toquio (東京国際映画祭, Tōkyōkokusaieigasai?, TIFF) é un festival de cinema estabelecido na cidade xaponesa de Toquio en 1985. O evento celebrouse cada dous anos dende 1985 até 1991, e dende 1991 celébrase anualmente. Xunto co Festival Internacional de Cinema de Shanghai, é un dos festivais de cinema competitivos de Asia, e o único festival xaponés acreditado pola FIAPF.[1][2]
Festival Internacional de Cinema de Toquio | |
---|---|
Acrónimo | TIFF |
Tipo | festival de cinema e organización |
Data de fundación | 1985 |
Sede | Toquio |
País | Xapón |
Na rede | |
http://www.tiff-jp.net/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Os galardóns outorgados durante o festival mudaron ao longo da súa existencia, mais o Grand Prix de Toquio, concedido ao mellor filme, mantívose como o premio máis importante. Outros premios que foron concedidos de xeito regular son o Premio Especial do Xurado e os de mellor actor, actriz e director.[3]
Nos últimos anos, os eventos principais do festival véñense celebrando durante unha semana a finais de outubro en Roppongi Hills. Os eventos inclúen proxeccións ao aire libre, proxeccións con voces superpostas e aparicións dos actores, así como seminarios e simposios relacionados co mercado cinematográfico.[2]