Fuel
From Wikipedia, the free encyclopedia
O fuel ou fuel óleo, segundo as grafías recomendadas polo Dicionario da RAG,[1] tamén chamado fuelóleo e fuel-oil, é unha fracción do petróleo que se obtén como residuo na destilación fraccionada do cru. De aí obtense entre un 30 e un 50 % desta substancia.
O fuel é o combustíbel máis pesado dos que se poden destilar a presión atmosférica. Está composto por moléculas con máis de 20 átomos de carbono, e a súa cor é negra ou parda moi escura.
O fuel óleo úsase como combustíbel para buques, centrais termoeléctricas, caldeiras e fornos.
Por outra parte, tamén se trata en procesos a menor presión para poder ser destilado e así obter as fraccións máis pesadas do petróleo, como os aceites lubricantes e o asfalto, entre outros.