GSM
From Wikipedia, the free encyclopedia
GSM ou Groupe Spécial Mobile en francés e actualmente chamado en inglés Global System for Mobile Communications é un estándar europeo de telefonía móbil dixital creado polo European Telecommunications Standards Institute (ETSI). Tecnoloxía celular de segunda xeración (2G) desenvolvida para substituír a analóxica de primeira xeración (1G). O GSM son redes dixitais para transmisión de datos cos seus engadidos mellorados, GPRS (General Packet Radio Services). A transmisión de datos foi incrementada empregando tecnoloxía EDGE (Enhanced Data rates for GSM Evolution) chamada EGPRS. O estándar GSM foi posteriormente ampliado empregando a tecnoloxía (3G) chamada UMTS desenvolvido polo 3GPP. A evolución das redes GSM incorporará a cuarta xeración (4G) chamada LTE (Long Term Evolution). En febreiro de 2013 a Comunidade Europea destinou 50 millóns de euros para iniciar as investigacións no estándar 5G[1].
Iconas GSM para identificar terminais e equipamento compatible. |
"GSM" é unha marca rexistrada propiedade da GSM Association. A tecnoloxía GSM emprégase actualmente en 800 operadores de 220 países o que ven a ser unha porcentaxe do 82 por cento aproximadamente de tódolos clientes de telefonía móbil do mundo[2].